domingo, 19 de mayo de 2024

♜1 de Abril 2014, o Universitario de Ourense A remata a Liga de Xadrez proclamándose campión de grupo♜

 

hai 10 anos, o 1 de Abril 2014




Este sábado, o Universitario de Ourense A rematou a competición proclamándose campión da súa categoría, o Grupo Primeira C da liga galega de xadrez. Por segundo ano consecutivo, os xogadores conseguen liderar a clasificación e amosar o seu bo momento de xogo individual e colectivo.


Éxito en xadrez

O sábado as instalacións do campus de Ourense acolleron os encontros do Universitario de Ourense A contra o Xadrez Bueu e do Universitario de Ourense B contra Escola Lalín A. “Necesitabamos facer medio punto máis que o equipo de Chantada para proclamármonos campións de grupo e ao final conseguimos gañar o encontro cun contundente resultado 3.5-0.5, con bastante sorte nalgunha partida que pintaba moi mal”, destacou Lino Hermida, capitán do conxunto. No encontro houbo vitorias de Javier Varasa, José Doval e Lino Hermida e táboas de Ignacio Salazar. "É unha grande alegría para todos volver a repetir o éxito da pasada tempada", subliñou o capitán.

Pola súa banda, o Universitario de Ourense B xogou contra o Escola Lalín A, que era o equipo líder ata esta xornada. “Os ourensáns necesitaban facer o mesmo resultado que o Xadrez Laroca de Nigrán para salvar a categoría. A pesar de loitar as partidas, perderon 1.5-2.5, xusto o mesmo resultado 2.5-1.5 co que o Chantadino lle gañou ao Laroca Nigran C, co que se conseguíu a salvación”, apunta Hermida. Os resultados individuais foron vitoria do capitán Amador Figueiral, que consigue ranking internacional elo Fide, táboas de David Feijoo, que tamén consigue bloque de elo Fide nesta liga, e derrotas de Ramón Cid e José Manuel Novoa, que realizaron tamén unha gran liga. A próxima cita para os xogadores do campus será probablemente a Copa Galicia que se celebrará no mes de abril.


No hay comentarios:

Publicar un comentario